Cesión dos Dereitos de Autor

As persoas que colaboran con GNU Taler vía Git deben asinar a cesión de dereitos para asegurar que se cumpren os acordos sobre licenzas e desenvolvemento colaborativo GNUnet e.V. --- Taler Systems SA dos proxectos GNUnet e GNU Taler.

O acordos aseguran que o código seguirá estando dispoñible baixo licenzas de software libre, proporcionando así ás desenvolvedoras a liberdade de mover o código entre GNUnet e GNU Taler sen preocupacións sobre as licenzas e á empresa a posibilidade dunha licenza dual (exemplo: podemos publicar en tendas de aplicacións hostís co software libre).

As colaboracións menores (básicamente calquera con acceso Git) non requiren cesión de dereitos. Acéptanse colaboracións con seudónimo, neste caso só hai que asinar usando dito seudónimo. É suficiente cunha copia escaneada, pero preferimos o correo tradicional.